Emilio González informa do reparto de mascarillas a traballadoras e traballadores para mellorar a protección fronte ao COVID-19 nos desprazamentos aos centros de traballo

Emilio González informa do reparto de mascarillas a traballadoras e traballadores para mellorar a protección fronte ao COVID-19 nos desprazamentos aos centros de traballo

13/04/2020

O reparto de mascarillas a persoas que acoden ao seu posto de traballo comeza en lugares como estacións e paradas de autobuses e polígonos industriais.

Encárganse do reparto Policía Nacional, Garda Civil, Protección Civil e policías locais da provincia de Ourense.

Sanidade recomenda o uso de mascarillas para traballadores que teñan que empregar medios de transporte público cunha importante afluencia de persoas.


A primeira hora da mañá de hoxe deu comezo a distribución na provincia de Ourense de material sanitario a traballadores e traballadoras que retoman a actividade laboral para mellorar a protección fronte ao COVID-19 nos desprazamentos aos seus centros de traballo.

O subdelegado do Goberno, Emilio González, destacou que o reparto das mascarillas enviadas polo Goberno de España á provincia de Ourense se realiza coa colaboración da Policía Nacional e Garda Civil, así como co apoio das policías locais e agrupacións de protección civil dos concellos.

Emilio González sinalou que “o obxectivo é chegar ao maior número de traballadoras e traballadores que se reincorporan á actividade laboral, para que poidan dispoñer de mascarillas nos seus desprazamentos ao centro de traballo”.

O subdelegado do Goberno aclarou, como xa fixo o Executivo, que o uso de mascarillas “non é obrigatorio, pero si recomendable”. Esta medida enmárcase dentro da estrita limitación de movementos vixente dende o inicio do estado de alarma e está en consonancia coas prioridades e recomendacións marcadas polo Ministerio de Sanidade, entre as que se recomenda o uso de mascarillas para traballadores que non poidan teletraballar nin desprazarse en vehículo particular, en bicicleta ou a pé e teñan que empregar medios de transporte público.

A distribución deste material sanitario desenvólvese nos principais nodos de transporte público da provincia, así como nos principais polígonos industriais e empresariais e en áreas de servizo. O operativo na cidade de Ourense levouse a cabo nas estacións de tren e autobuses, así como nas principais paradas de bus urbano. Tamén se realizou reparto de mascarillas nas estacións de municipios como O Carballiño, Allariz, Verín, O Barco e Celanova e en polígonos como o Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, o Polígono de Barreiros, o Polígono