A Subdelegación do Goberno fixo chegar 13.000 mascarillas aos traballadores das residencias da provincia

A Subdelegación do Goberno fixo chegar 13.000 mascarillas aos traballadores das residencias da provincia

19/04/2020


Isabel Rodríguez informou que o obxectivo desta acción é axudar a protexer ao persoal que atende a un colectivo especialmente sensible

O dispositivo organizado pola Subdelegación, formado por axentes da Garda Civil e da Policía Nacional, distribuiu mascarillas en residencias de maiores e de persoas con discapacidade


 A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que nos últimos días fixéronse chegar 13.000 mascarillas aos traballadores das residencias de maiores e de persoas con discapacidade da provincia para protexerse durante os desprazamentos laborais. A entrega deste material sanitario para o persoal das residencias existentes na provincia de Lugo fíxose dentro da campaña que puxo en marcha a Subdelegación do Goberno o pasado luns, día 13.

Dentro da devandita campaña, tamén se distribuiron mascarillas a usuarios do transporte colectivo na provincia, a entidades sociais como Cáritas, Cruz Vermella e Aspnais, a colectivos profesionais como taxistas e panadeiros e a asociación empresariais coa finalidade de que o maior número posible de traballadores da provincia de Lugo que realizan labores de interse social ou son empregados de sectores esenciais dispoñan deste tipo de material.

Para levar a cabo esta campaña de distribución das mascarillas na provincia, a subdelegada organizou un dispositivo no que se movilizaron, durante toda a semana, axentes do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil, nalgúns casos contando tamén coa colaboración das Policías Locais, a Policía Autonómica e de Agrupacións de Protección Civil. A todos eles, Isabel Rodríguez agradeceulles expresamente a súa implicación e compromiso social