A subdelegada anuncia que a UME volve a realizar traballos de desinfección na Mariña

A subdelegada anuncia que a UME volve a realizar traballos de desinfección na Mariña

20/04/2020


Isabel Rodríguez supervisa a actuación, incluída na Operación Balmis, desde o Centro de Coordinación Operativa da provincia

A UME viaxa por terceira vez á comarca mariñá onde ten programadas tareas de desinfección en residencias de maiores de Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo

A BRILAT fíxose cargo onte da desinfección da residencia de Foz


A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deu conta hoxe do novo despregamento que leva a cabo este luns a Unidade Militar de Emerxencias (UME) na provincia de Lugo, dentro da Operación Balmis de loita contra o virus do COVID-19, para realizar novos traballos de desinfección en instalacións especialmente sensibles.

A subdelegada anunciou, logo dunha xuntanza no Centro de Coordinación Operativa da provincia, que a UME volve por quinta vez á provincia de Lugo, neste caso para ocuparse da desinfección de varias residencias de persoas maiores na comarca da Mariña.

Isabel Rodríguez remarcou a importante axuda que están a facilitar tanto a UME como a BRILAT á loita contra o COVID-19 na provincia antes de explicar que é a terceira vez que os efectivos da UME viaxan a municipios da Mariña, onde teñen previsto realizar tareas de desinfección en residencias de maiores situadas nos concellos de Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo, igual que fixo onte a BRILAT, que se encargou da desinfección da residencia de Foz.

Esta é a quinta ocasión na que se desprega a UME na provincia de Lugo desde a declaración do estado de alarma sanitaria. A Unidade Militar de Emerxencias xa se desprazara a distintos concellos da provincia para efectuar labores de desinfección en centros sanitarios, residencias de maiores e noutras instalacións consideradas sensibles polo elevado número de persoas que se concentran nelas os días 24 de marzo, 12, 13 e 14 de abril.

Na comarca da Mariña xa ten realizado este tipo de tareas con anterioridade nos municipios de Viveiro, Ribadeo e Burela