Maica Larriba reúnese cos mandos policiais pola apertura de fronteiras con Portugal o vindeiro luns

Maica Larriba reúnese cos mandos policiais pola apertura de fronteiras con Portugal o vindeiro luns<br/>

12/06/2020

Tanto a Comisaria Provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma, como o Comisario Xefe de Galicia, José Luis Balseiro, acompañaron á subdelegada do Goberno na súa visita á Comisaria Xeral de Fronteiras e Estranxeiría en Salvaterra do Miño


Durante esta mañá, a subdelegada do Goberno en Pontevedra,  Maica  Larriba acudiu ata o posto fronteirizo da Comisaría Xeral de Fronteiras e Estranxeiría en Salvaterra do Miño para manter unha reunión informativa sobre as medidas organizativas que se van a poñer en marcha para a apertura dos tres puntos de conexión de fronteiras con Portugal. Tal como anunciou onte o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, o vindeiro luns, 15 de xuño, restablecerase a circulación, de luns a venres entre as 8 e as 22 horas, entre os municipios de Arbo con  Melgaço, Salvaterra do Miño con  Monçao e Tomiño con Vilanova de Cerveira.

Maica  Larriba quixo interesarse persoalmente do protocolo que se vai a poñer en marcha con esta nova medida de  desescalada en canto á circulación de traballadores co país luso. Xunto á subdelegada tamén acudiron tanto a Comisaria Provincial da Policía Nacional,  Estíbaliz Palma como o Comisario Xefe de Galicia, José Balseiros. No encontro, avaliáronse todas as medidas de control para a circulación entre ambas as rexións transfronteirizas e que afecta á actividade laboral de traballadores e ao fluxo comercial entre Galicia e Portugal.

A subdelegada do Goberno quixo lembrar que “esta nova medida de  desescalada na  circulación fronteiriza afecta exclusivamente á actividade laboral e comercial entre rexións, de acordo ás demandas realizadas polos alcaldes da zona polo impacto económico que estaban a sufrir”.

Tal como recalcou o propio delegado do Goberno, Javier Losada, tras diversas reunións coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño Transfronteirizo xunto á Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, o Ministerio de Interior valorou positivamente esta reapertura nos tres pasos fronteirizos pertencentes á provincia de Pontevedra e que se unen aos que xa estaban abertos en Tui (Pontevedra)-Valença e Verín (Ourense)- Chaves. A estes dous pasos sumouse de maneira provisional durante as últimas semanas o de Calvos de Randín (Ourense) con  Tourén.

A subdelegada do Goberno agradece esta nova medida que dá resposta á solicitude de desbloqueo nestes puntos fronteirizos pola repercusión económica que estaba a carrexar, tras superar o peor desta crise sanitaria internacional. Tamén engadiu que “con iso, continúa o proceso de  desescalada e o avance cara a unha nova normalidade que permitirá recuperar os fluxos de tráfico e a convivencia entre os veciños dos municipios fronteirizos de Galicia e Portugal, pero iso si, sempre dentro dos protocolos de seguridade e atendendo ás medidas adoptadas por cada país xa que son a garantía para seguir tomando decisións sen riscos sanitarios coas que temos que colaborar todos”.