A DXT desenvolverá unha campaña de control especial sobre distraccións ao volante

A DXT desenvolverá unha campaña de control especial sobre distraccións ao volante

12/09/2020

A subdelegada  do  Goberno presentou esta campaña, que se desenvolverá nas estradas da provincia desde este luns, 14 de setembro, ata o día 20 deste mes, e que reforzará a vixilancia nas carreteiras convencionais.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presentou a Campaña de Control Especial sobre Distraccións ao Volante que desenvolverá a DXT na provincia desde o luns, 14 de setembro ata o día 20 deste mes.

“Esta campaña, que forma parte das campañas e operacións especiais de vixilancia e control previstas pola DXT para o ano 2020 ten como obxectivo previr, vixiar e concienciar sobre as distraccións durante a condución”, anunciou Larriba.

Segundo datos da DXT, a distracción aparece como factor concorrente nun 28 % dos accidentes con vítimas mortais. “Marcar un número de móbil, responder unha chamada telefónica, prender un cigarro ou axustar a radio supón apartar a vista da estrada e deixar o coche sen control durante un tempo. Un binomio, o do da distracción e o da velocidade, que aumenta o risco de sufrir un accidente e que pode ser equiparable á condución con exceso de alcohol”, explicou a subdelegada.

Larriba anunciou que para a realización da campaña, “empregarase o máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles”. Así mesmo, “os condutores serán advertidos da existencia próxima de controis, que se reforzarán nos tramos de vía máis perigosos das carreteiras convencionais, debido á alta porcentaxe de accidentes que se producen neste tipo de estradas”, advertiu. Estes puntos contarán coa presenza de patrullas integrais de motoristas da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, equipadas con medios portátiles que lles permiten realizar accións de control de velocidade e probas detección de alcohol e drogas de maneira autónoma.

A subdelegada quixo subliñar tamén “a alta porcentaxe de condutores que fai uso do teléfono mentres conduce, especialmente entre os menores de 34 anos. De feito, na última campaña de vixilancia e concienciación sobre o perigo que supoñen as distraccións ao volante, o 38,5 % das denuncias formuladas foron por empregar o telefono móbil durante a condución”. Así mesmo, lembrou os riscos que carrexan tamén para os usuarios vulnerables, que supuxeron o 50 % dos falecidos deste verán nas estradas de Pontevedra, xa que “o uso dos móbiles non só por parte dos condutores senón tamén dos peóns aumenta o risco de atropelo”.

Máis de dez mil exames de conducir durante o verán

Así mesmo, a subdelegada do Goberno deu a coñecer hoxe que “durante os meses de xullo e agosto a Dirección Xeral de Tráfico en Pontevedra realizou máis de dez mil probas para obter o permiso de conducir”. “A pesar da situación de pandemia na que nos atopamos, no verán de 2020 realizáronse en Pontevedra 1.700 exames máis que no verán de 2019”, subliñou Larriba. En concreto, durante este verán realizáronse 5.043 exames teóricos, 1.364 de destreza (moto, camión y autocar) y  4.111 exame prácticos.

Por sedes, a de Vigo realizou este verán un 12 % máis de exames teóricos que o ano pasado e un 36 % máis de exames prácticos. En Pontevedra, o número de persoas examinadas da proba teórica entre xullo e agosto aumentou nun 17 % respecto ao ano 2019, e a do exame práctico nun 13 %.

“A pesar de que o verán é unha época na que a demanda para examinarse do permiso de condución aumenta e de que o confinamento produciu unha paralización deste proceso, a Xefatura Provincial de Tráfico da provincia realizou un enorme esforzo para facer fronte á alta demanda de exames”, explicou a subdelegada do Goberno. Entre outras medidas, mantívose o servizo de exames durante todo o período de verán, habilitáronse convocatorias fóra da xornada ordinaria e facilitouse un sistema de presentación en liña de solicitudes. Larriba explicou que, ademais, no caso da provincia de Pontevedra, “debido as necesidades provocadas pola alto número de solicitudes, procedeuse ao traslado de examinadores itinerantes. Todo isto para facer fronte a un incremento da demanda na provincia de case un 20 % respecto ao ano pasado”.