O concello de Cuntis renova cunha axuda do IDEA o alumeado público con lámpadas eficientes

Imagen de la visita

27/10/2018


A subdelegada visitou a parroquia de Ferreiros en Arcos de Furcos

Maica Larriba subliñou o bo traballo do alcalde Manuel Campos para dar servizos a veciñanza do rural do seu municipio


A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba acudiu hoxe a parroquia de Ferreiros en Arcos de Furcos (Cuntis) xunto ao seu alcalde, Manuel Campos, para coñecer o proxecto de substitución das luminarias do rural por outras de maior eficiencia enerxética.

Este proxecto, que conta coa financiación do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) do Ministerio de Industria, permitirá a substitución de 1.310 luminarias do alumeado público en todas as parroquias do rural de Cuntis. En total a iniciativa conta cunha subvencións de máis de 452.000 euros que suporá a remodelación do servicio de alumeado público por lámpadas eficientes de baixo consumo cun aforro estimado do 66,8 por cento do custe actual da factura da luz para o concello. Ademais garante unha mellor iluminación nos núcleos rurais e cumpre cos compromisos de redución do CO2 fixados polo Goberno.

No acto, no que estiveron presentes persoal da empresa que acomete os traballos de renovación das instalacións, houbo tamén unha ampla representación dos veciños e veciñas de Ferreiros que agradeceron ao alcalde e a subdelegada do Goberno a súa presenza na parroquia e, sobre todo, que sexa a primeira parroquia que conte con este moderno sistema de iluminación pública.

Pola súa banda, Maica Larriba agradeceu a Manuel Campos a súa invitación para participar nunha acto como o de hoxe “onde un concello traballa a fondo para mellorar os servizos básicos para a veciñanza das zonas máis alonxadas do núcleo de Cuntis e ademais cun proxecto tan importante como é a redución do consumo eléctrico co uso das novas tecnoloxías de iluminación”, subliñou a subdelegada. Larriba mostrou a súa satisfacción por un alcalde e un concello que “traballa para mellorar a vida dos seus conveciños  con políticas tan importantes como é a eficiencia enerxética das súas instalacións e que ademais vai garantir un aforro moi importante da factura da luz que poderá ser destinada a outras inversións e necesidades da poboación”.

Pola súa banda, o alcalde Manuel Campos, agradeceu a presenza da subdelegada “por achegarse a unha das parroquias máis pequenas de Cuntis para comprobar como se está a investir os diñeiros do Goberno cun proxecto que vai mellorar a vida de todos os veciños e veciñas”.

Campos destacou que despois de inversións en saneamento, en accesibilidade das parroquias e “tras este proxecto de mellora da iluminación imos poñer en marcha outro de sinalización de todos os núcleos de poboación diseminados polo concello”.