Pilar López-Rioboo recorda que a violencia contra as mulleres é a manifestación máis brutal da desigualdade existente na sociedade

Pilar López-Rioboo recorda que a violencia contra as mulleres é a manifestación máis brutal da desigualdade existente na sociedade

17/11/2020

Unha pancarta reclamando a eliminación da violencia de xénero preside a Subdelegación do Goberno da Coruña


A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, recordou hoxe que a violencia contra as mulleres é a manifestación máis brutal da desigualdade existente na sociedade actual. Asi o indicou trala colocación na Subdelegación do Goberno dunha pancarta reclamando a implicación de todos e todas na eliminación da violencia de xénero.

A pancarta permanecerá presidindo a Subdelegación do Goberno durante os próximos días e mentras se desenvolvan as actividades previstas co gallo da conmemoración do 25_N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No despregue da pancarta participaron tamén a responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller e a vicesecretaria da Subdelegación do Goberno na Coruña.

As actividades organizadas pola Subdelegación veránse reducidas este ano debido a situación sanitaria e as restricións existentes. En todo caso, o próximo luns, día 23, terá lugar a reunión anual da Comisión Provincial de Loita contra a Violencia de Xénero. En esta ocasión o encontro será telemático, coa participación de representantes das forzas e corpos de seguridade e responsables da Unidade da Subdelegación contra a Violencia sobre a Muller, área de Estranxería da Subdelegación de Goberno, centro penitenciario de Teixeiro e Centro de Inserción Social da Coruña.

Nesta comisión daranse a coñecer as estadísticas e evolución da situación na provincia da Coruña e ademáis abordaranse as políticas de colaboración e coordinación necesarias para continuar na loita contra a violencia machista e para incrementar a concienciación social sobre esta problemática.

A próxima semana tamén se desenvolverá unha xornada formativa e informativa sobre o tema “Un achegamento ao abuso sexual dende a intervención coas vítimas", que contará como ponente con Xema Cabana Ferro, directora técnica da Fundación Meniños. Esta xornada, que terá formato telemático, está dirixida a membros dos servicios sociais dos concellos, centros de información da muller, equipos de mulleres e menores da Garda Civil e as unidades de Familia e Mulleres da Policía Nacional.

Pilar López-Rioboo resaltou que a violencia contra as mulleres é unha realidade que non se pode normalizar nin banalizar xa que se trata dunha violencia estrutural hacia a metade da poboación do noso país, que impide a plena liberdade, igualdade e seguridade das mulleres e dos seus fillos e fillas, polo simple feito de ser mulleres.

Por iso, recordou que a erradicación da violencia contra as mulleres non pode lograrse sen abordar as actitudes sociais que a toleran ou xustifican. En definitiva, insistiu que con conmemoracións como o 25N tratase de reducir a aceptación social desta violencia, algo que é fundamental para previla e exixe un cambio na cultura, nas actitudes e nos comportamentos machistas.