Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia
- Government Delegate.
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Lugo
- Government Sub-delegation in Ourense
- Government Sub-delegation in Pontevedra
- Government Sub-delegation in A Coruña
Goberno e Concello traen a Lugo a exposición “50 fotografías con historia”
08/07/2021
A subdelegada do Goberno, a alcaldesa e a directora de programación de Acción Cultural Española inauguraron a mostra que reflicte en imaxes 80 anos da historia de España
Esta exposición itinerante permanecerá na Horta do Seminario ata o 5 de setembro
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou hoxe, xunto coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a directora da programación da sociedade estatal Acción Cultural Española, Isabel Izquierdo, na inauguración da exposición ‘50 fotografías con historia’.
Esta mostra, organizada polo Goberno en colaboración co Concello de Lugo, fai un repaso á historia e á sociedade española dos últimos 80 anos, desde a Guerra Civil ata a actualidade, a través de imaxes captadas por destacados fotógrafos como Alberto García-Alix, Marisa Flórez, Cristina García Rodero, Alberto Schommer, Francesc Catalá-Roca, Virxilio Viéitez ou Xurxo Lobato.
Trátase de unha exposición itinerante da que é comisario José María Diaz-Maroto, que permanecerá en Lugo ata o día 5 de setembro.
Está instalada na Horta do Seminario cada unha das fotografías acompáñase dun código QR a través do cal se pode ampliar información sobre a imaxe e o seu autor.