Maica Larriba felicita aos gañadores do IV Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero organizado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra

Maica Larriba felicita aos gañadores do IV Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero organizado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra

20/11/2020

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, deu a coñecer hoxe aos gañadores deste concurso escolar de fotografía e vídeo,

A subdelegada do Goberno, Maica   Larriba, presidiu hoxe a reunión do xurado que fallou os gañadores da IV edición do Concurso escolar de fotografía e vídeo organizado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra co gaio di Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o próximo 25 de novembro.

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra contou nesta ocasión cun xurado formado por catro expertos na materia para analizar as obras e seleccionar os gañadores: Mónica Paixot, fotógrafa de Pontevedra Viva; Andrés Fraga, profesor do departamento de Comunicación audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo; Emma Torres, profesora e decana desta mesma facultade; e Belén Rubido, xuíza decana e titular do Xulgado Penal nº 4 de Pontevedra especializado en violencia de xénero.

Nesta edición, os escolares de case unha vintena de institutos da provincia remitiron á Subdelegación máis dun centenar de traballos de vídeo e fotografía. Maica Larriba amosouse moi contenta pola acollida dos novos formatos introducidos por primeira vez no concurso, que durante as súas tres primeiras edicións centrárase no relato e no debuxo. “En total, recibimos 92 fotografías e 11 vídeos curtos, a través dos cales os máis novos tentaron transmitir a súa visión sobre a violencia machista. E os resultados non poden ser máis satisfactorios”. afirmou a subdelegada.

Atendendo ás dúas categorías e modalidades establecidas nas bases do concurso, recibíronse un total de 52 fotografías e 6 vídeos na categoría dirixida ao alumnado da ESO, F.P. Básica e F.P. Ciclo Medio. Na categoría que abrangue aos estudantes de Bacharelato e F.P. Ciclo Superior recepcionáronse 40 fotografías e 5 vídeos.

Tal e como se establecía nas bases do concurso, se adxudicaron un primeiro e segundo premio por cada modalidade –fotografía e vídeo- e categoría, que recaeron en:

CATEGORIA 1 (ESO, F.P. Básica e F.P. Ciclo Medio) FOTOGRAFIA

-1º PREMIO:

Obra: A lúa da meiga

Autor/a: Alexandra Corredoira Peleterio                                          

Colegio: IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra)                  

Curso: 2ºESO

-2º PREMIO:

Obra: Huellas invisibles

Autor/a: Neva Alonso Gago                                 

Colegio: Colegio Eduardo Pondal (Cangas)    

Curso: 3ºESO

CATEGORIA 2 (Bacharelato, F.P. Ciclo Superior) FOTOGRAFIA

-1º PREMIO:

Obra: Aléjate

Autor/a: Uxía López Míguez                                          

Colegio: CPR Santiago Apostol (Soutomaior)    

Curso: 2º BAC

-2º PREMIO:

Obra: Secuelas

Autor/a: Lucía Estévez Cid

Colegio: IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

Curso: 2º BAC

CATEGORIA 1 (ESO, F.P. Básica e F.P. Ciclo Medio) VÍDEO

-1º PREMIO:

Obra: Cambiemos esta banda sonora

Autor/a: Mateo Gil Sestelo

Colegio: CPI Mondariz (Mondariz)

 Curso: 2ºESO

- 2ºPREMIO:

Obra: No a la violencia de género

Autor/a: Paula Fernández Carballo

Colegio: CPR Plurilingüe Casa de la Virgen (Cangas)

Curso: 1º ESO

CATEGORIA 2 (Bacharelato, F.P. Ciclo Superior) VÍDEO

- 1º PREMIO:

Pongámoslle un punto y final

Autor/a: Mara Franco Rodríguez                           

Colegio: CPR Santiago Apóstol (Soutomaior)

Curso: 2ºBAC 

-  2º PREMIO:

Obra: Vas tarde

Autor/a: Aloia López Martínez                                   

Colegio: IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

Curso:     1ºBAC

Na primeira categoría, o primeiro premio consiste nun ordenador portátil e o segundo nunha táblet, e na segunda categoría o primeiro premio é un ordenador portátil e o segundo un vale por un importe de cen euros.

A subdelegada recordou que este concurso enmárcase nas actividades da Delegación do Goberno en Galicia para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. Así memo, Larriba quixo agradecer a participación do xurado e a colaboración dos patrocinadores do certame, Audasa, El Corte Inglés e o Grupo Froiz.

Por último, a subdelegada do Goberno lembrou “a importancia de seguir promovendo unha reflexión social sobre esta preocupante eiva que nos atinxe a todos e todas. Só a concienciación pode evitar que no futuro se repitan as cifras do noso presente, no que unha de cada dúas mulleres españolas sufre ou sufriu violencia polo mero feito de ser muller e no que máis dun millón e medio de menores no noso país viven nalgún fogar no que a muller está sufrindo na actualidade algún tipo de violencia na parella”.

7 menores vítimas de violencia de xénero na provincia

Na actualidade, sete menores da provincia de Pontevedra figuran no sistema de seguimento ás vítimas da violencia de xénero Vioxén. Unha cifra que se eleva a 272 no tramo de idade de 18 a 30 anos. Ademais, e segundo os datos que revela a Macroenquisa 2019 de Violencia contra a Muller, un 11 % das mulleres de entre 16 e 24 anos sufriu violencia sexual fóra da súa parella no noso país. Así mesmo, a prevalencia do acoso sexual entre as mulleres deste rango de idade é moi superior ao das mulleres maiores de 25 anos: o 60,5 % o sufriu nalgunha ocasión e o 34,7 % antes de cumprir os 15 anos de idade. E o mesmo sucede coa prevalencia do stalking ou acoso reiterado, que sofren ou sufriron o 26.2 % das mulleres de entre 16 e 24 anos, e case o 13 % delas, antes de cumprir os 15 anos de idade.