Coas 74.000 que se reparten nun novo operativo xa son máis de 250.000 as máscaras entregadas polo Goberno ás entidades sociais da provincia coruñesa

Coas 74.000 que se reparten nun novo operativo xa son máis de 250.000 as máscaras entregadas polo Goberno ás entidades sociais da provincia coruñesa

27/11/2020

Cruz Vermella, Cermi e Cáritas reciben novos lotes de máscaras para a atención ás persoas máis vulnerables e as súas asociacións colaboradoras

A subdelegada do Goberno agradece o gran traballo desenvolto polos colectivos sociais en defensa e protección dos máis desfavorecidos

Co quinto operativo desenvolto polo Goberno son 1.263.000 as máscaras entregadas na provincia coruñesa a concellos, entidades sociais, empresariais e usuarios de transporte público


A Subdelegación do Goberno da Coruña distribuiu hoxe 74.000 máscaras destinadas a entidades sociais da provincia coruñesa, na que é a quinta entrega deste material promovido polo Goberno de España. Esta cantidade forma parte das 246.000 que se entregarán nos próximos días a concellos e entidades sociais.

Esta mañá a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, mantivo un encontro con representantes da Cruz Vermella que, xunto a Cáritas e Cermi, reciben 74.000 máscaras, que posteriormente serán distribuidas entre os seus usuarios e asociacións colaboradoras. Con estas unidades son xa máis de 250.000 as máscaras entregadas polo Goberno a entidades sociais da provincia coruñesa.

Estas tres entidades colaboran estreitamente co Goberno na loita contra a COVID-19 e xa en maio, xuño e setembro recibiron outras 60.000 máscaras cada unha para o reparto entre os seus entes asociados e colaboradores. O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) está integrado por dez entidades, entre as que figuran a Federación de Persoas Sordas, Aspace, Down Galicia, Cogami e Once, entre outras; mentres que Cruz Vermella e Cáritas colaboran con numerosas entidades e particulares.

Pilar López-Rioboo destacou o gran traballo e esforzo desenvolto polas entidades sociais durante a crise derivada da COVID-19 e que se focalizou fundamentalmente na defensa das persoas máis vulnerables e desprotexidas. Por iso agradeceu aos seus responsables a labor levada a cabo a través dos seus diferentes servizos.

A subdelegada do Goberno recordou que este é o quinto operativo posto en marcha polo Executivo para a distribución de máscaras entre a poboación. Na provincia da Coruña foron 250.000 as repartidas a mediados de abril entre usuarios de transporte, residencias de maiores, colectivos sociais e empresariais; mentres que a principios de maio foron outras 344.000 as unidades tamén entregadas a usuarios de transporte, colectivos sociais e concellos.  

No terceiro operativo, desenvolto en xuño, foron 75.000 as máscaras entregadas, as que en setembro se sumaron 358.000, distribuidas entre entidades sociais e concellos, tal como acordou o Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias (Femp). Agora, con estas 246.000, o número total de unidades distribuidas na provincia coruñesa por parte do Goberno é de 1.273.000.  

As anteriores campañas desenvolveronse coincidindo coa obrigatoriedade do uso deste material no transporte público, coas primeiras medidas adoptadas de cara á nova normalidade coma a apertura de negocios e o incremento da mobilidade derivado desas novas circunstancias, e co inicio do curso escolar.

Nesta nova entrega o Goberno distribuirá 15 millóns de máscaras en toda España, das a Galicia lle corresponden 590.000 unidades. Os concellos recibirán 7,2 millóns de máscaras que, xunto ao reparto de maio e setembro ascenden a 38,5 millóns de unidades repartidas entre concellos, diputacións, cabildos e consells desde o mes de marzo. As ONG recibirán 7,8 millóns de máscaras nesta entrega que, xunto coas anteriores, suman 12,3 millóns de unidades enviadas polo Goberno de España ás diferentes ONG. Os ministerios de Política Territorial e Función Pública e de Sanidade distribuirán as máscaras coa colaboración da FEMP e as organizacións Cáritas, Cruz Vermella e Cermi.

Segundo resaltou Pilar López-Rioboo, todos estos dispositivos evidencian o compromiso e esforzo do Goberno por estar presente e colaborar con todala cidadanía durante a pandemia xenerada pola COVID-19, especialmente con aqueles colectivos máis desfavorecidos e que máis sofren as consecuencias da actual crise sanitaria.