A subdelegada do Goberno en Pontevedra entrega a primeira documentación a catro refuxiados do "Aquarius"

A subdelegada do Goberno en Pontevedra entrega a primeira documentación a catro refuxiados do "Aquarius"

13/08/2018


En total son oito os migrantes acollidos na cidade de Vigo


A Subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, entregou hoxe as denominadas “tarxetas roxas” a catro dos refuxiados do buque “Aquarius”, que desembarcaron en Valencia fai pouco máis dun mes, e que se atopan en acollida na provincia de Pontevedra.

Hoxe foi a segunda entrega da documentación aos oito refuxiados que están acollidos pola ONG “Provivenda” por parte da Comisaría Provincial e que os acredita como solicitantes de asilo internacional no noso país. Maica Larriba tivo palabras de agradecemento para a asistente social de Provivenda que acompaña aos catro varóns que recibiron esta primeira documentación e que terán un prazo de seis meses para renovala e acadar unha segunda identificación que permitiralles poder traballar no noso país. Así informoulle o comisario provincial, Manuel Bouzas, á Subdelegada do Goberno que se interesou polo proceso de regulación destes refuxiados procedentes de Nixeria.

Os catro xoves agradeceron á Subdelegada e os representantes policiais da brigada de estranxeiría, cun tímido “grazas”, as novas acreditacións.

A ONG Provivenda acolle, dende estes últimos meses, a familias procedentes de Siria, Mauritania, Ucraína, Rusia, Venezuela e Colombia, e dende o mes de xuño aos 8 migrantes procedentes do “Aquarius”. Esta ONG desenvolve dende agosto do 2017 arrinca o Proxecto de Protección Internacional que actualmente conta con 40 prazas distribuídas en 8 dispositivos de acollida na cidade de Vigo.