Javier Losada lamenta os 3.733 casos activos de violencia machista en Galicia e agradece aos 33 municipios adheridos dende 2018 a iniciativas do Goberno fronte a esta lacra

Javier Losada lamenta os 3.733 casos activos de violencia machista en Galicia e agradece aos 33 municipios adheridos dende 2018 a iniciativas do Goberno fronte a esta lacra

20/11/2020

O delegado do Goberno cifrou en 12 os concellos sumados ao Sistema Vioxén dende 2018, ata un total de 37, e en 21 as mesas de coordinación constituidas ou reactivadas

Entre as últimas iniciativas do Executivo sobresae o Plan de Continxencia posto en marcha este mesmo ano para facer compatible a loita contra a violencia machista e a pandemia da COVID-19

A Delegación do Goberno comeza a súa actividade para conmemorar o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, lamentou hoxe os 3.733 casos activos de violencia machista na Comunidade e agradeceu o compromiso dos 33 municipios adheridos as distintas iniciativas do Goberno, como o Sistema VioXén ou as mesas de coordinación, dende 2018.

En Galicia hai neste momento 3.733 casos activos de violencia machista, dos que 1.721 corresponden á provincia da Coruña, 1.105 á de Pontevedra, 539 á de Lugo e 368 á de Ourense. Por idades, 1.595 son de vítimas de entre 31 e 45 anos, 1.058 de 46 a 64, 924 entre 18 e 30, 135 de 65 ou máis anos e 20 menores de idade.

“Debemos unirnos toda a sociedade fronte ao machismo dunha vez por todas. É moi preocupante que continuemos con estas cifras. Non entende de idades nin de entornos, está nas cidades e no rural, en tódolos ámbitos. Mentres exista un só caso, non debemos deixar de loitar”, afirmou Javier Losada.

O delegado do Goberno defendeu as actuacións do Executivo de “promoción da igualdade entre homes e mulleres”. Exemplificouno con medidas como o Real Decreto-Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia, co que foron devoltas aos concellos as competencias en igualdade e violencia de xénero, cun incremento sustancial en las partidas económicas destinadas ao seu desenvolvemento. De feito, as institucións galegas recibiron dende 2018 para a execución do Pacto de Estado e programas a cantidade de 25.504.099,48 euros.

Outro dos instrumentos postos en marcha polo Ministerio de Igualdade e a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero foi a firma entre o Ministerio de Interior e os concellos para que as policías locais poidan realizar a protección das vítimas. Esto, en Galicia, constátase coa incorporación das policías locais de 12 municipios ao Sistema VioXén dende 2018, co que agora xa son 37 os concellos sumados a esta iniciativa. Ademáis, dende esa data hai 21 mesas de coordinación interinstitucional constituidas ou reactivadas na Comunidade.

O Ministerio de Igualdade tamén impulsou o pasado mes de marzo un Plan de Continxencia contra a violencia de xénero para facer compatible continuar loitando contra ela coas medidas vinculadas á pandemia da COVID-19. Este plan incluíu declarar servizo esencial todo aquel de asistencia integral ás vítimas. En abril ampliouse este plan de continxencia para engadir medidas dirixidas ás vítimas de trata, explotación sexual e a mulleres en contextos de prostitución, por estar expostas a unha maior vulnerabilidade e desprotección de dereitos. 

DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

A Delegación do Goberno comezou a súa actividade para conmemorar o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Faino coa entrega dos Premios Meninas, a persoas ou entidades que destacan pola súa loita contra a violencia machista, que se deselvolverá a próxima semana con recoñecementos nas catro provincias.

O acto central será o propio día 25 na Delegación, cun minuto de silencio e a lectura dun manifesto por parte do delegado. A institución realiza, entre outras iniciativas, unha intensa campaña en redes sociais co obxectivo de concienciar á población sobre a relevancia da unidade social fronte a un problema que afecta a tódolos ámbitos.