A subdelegada do Goberno preside a reunión preparatoria da seguridade da Volta Ciclista ao seu paso por Lugo

Imagen junta seguridad Vuelta ciclista

29/10/2020

 A 14 etapa da Volta, prevista para o 4 de novembro, sairá de Lugo e percorrerá varios municipios a provincia


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a reunión preparatoria do dispositivo de seguridade que se porá en marcha na provincia con motivo da 14ª etapa da Volta ciclista a España que sairá da cidade de Lugo, o día 4 de novembro, e recorrerá varios municipios da nosa provincia antes de chegar á meta que estará situada en Ourense.

 

Na xuntanza, que se celebrou de xeito telemático, participaron representantes da organización, da Xefatura Provincial de Tráfico, a Policía Nacional, a Garda Civil e o Subsector de Tráfico, así como da Xunta de Galicia e dos concellos de Lugo, Monterroso e Pantón, aos que a organización da Volta informou do dispositivo que ten deseñado para garantir a seguridade durante a celebración da etapa.

 

Tamén se analizaron as incidencias que poden producirse no tráfico debido a que o paso dos ciclistas obrigará a facer cortes puntuais na circulación nunha etapa que discorrerá, na provincia lucense, polos concellos de Lugo, Guntín, Monterroso, Antas de Ulla, Chantada, O Saviñao, Monforte de Lemos e Pantón.

 

O equipo de seguridade que acompaña en todas as etapas á Volta Ciclista, contará ao seu paso pola provincia de Lugo co reforzo de axentes da Policía Nacional, a Garda Civil e o Subsector de Tráfico, así como da Policía Local e de Protección Civil da nosa provincia.