Adif e Concello de Fene avanzan na posible mellora da seguridade na liña férrea ao seu paso polo municipio

Adif e Concello de Fene avanzan na posible mellora da seguridade na liña férrea ao seu paso polo municipio

11/11/2020

A subdelegada do Goberno na Coruña promove unha reunión telemática para retomar a mellora das infraestruturas ferroviarias


O Concello de Fene e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) acordaron hoxe abordar a mellora da seguridade na liña férrea ao seu paso polo municipio. Asi o determinaron nunha reunión telemática promovida pola Subdelegación do Goberno na Coruña, que desta maneira atendeu a petición feita neste sentido polo alcalde de Fene, Juventino Trigo.

Na reunión estiveron presentes o director xeral de Conservación e Mantemento de ADIF, Ángel Contreras Marín; o alcalde de Fene e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Polo; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; e a directora da Área Funcional de Fomento da Delegación do Goberrno en Galicia, Ana Quintairos.

No encontro abordouse a necesidade de retomar o convenio de colaboración suscrito en 2010 polo Concello e ADIF para a construcción e mantemento do cerramento e cruces peonís da vía a distinto nivel da liña ferroviaria Betanzos-Ferrol ao seu paso por Fene, toda vez que dito convenio perdiu a súa vixencia.

Os representantes das entidades participantes na reunión coincidiron na necesidade de mellorar a seguridade na zona e evitar posibles riscos para os viandantes e para a propio circulación ferroviaria. Para avanzar neste obxectivo por parte de ADIF procederase a revisar os custes económicos derivados da posible construcción dun paso subterráneo e dun paso elevado en distintas zonas da liña, ademáis de avaliar a renovación e mellora dos cerramentos actualmente existentes.

Por este motivo, como primeira medida técnicos de ADIF analizarán xunto con técnicos do Concello a situación actual das infraestruturas para avaliar as posibles actuacións a acometer.

Unha vez determinadas as medidas necesarias, ADIF e o Concello valorarán as súas posibilidades de colaboración para desta maneira acometer aquelas melloras que sexan necesarias, de acordo as disponibilidades económicas de ambas partes.