Isabel Rodríguez destaca o esforzo do persoal do ISM para atender sen demoras ao sector nun ano marcado pola pandemia

Imagen subdelegada reunión director ISM

28/01/2021

 A subdelegada do Goberno, que se reuniu do director provincial do ISM, lembra que este organismo a posibilidade de facer gratuitamente test COVID-19 a todos os tripulantes que pasen máis de 10 días no mar

 O Instituto Social da Mariña ten 1.618 afiliados e destinou máis de 38 millóns de euros o ano pasado ao pago de pensións na provincia de Lugo


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co director provincial do Instituto Social da Mariña, José Vicente Prieto, na que analizaron a actividade deste organismo durante o último ano.

 

Isabel Rodríguez aproveitou o encontro, que tivo lugar por vía telemática, para destacar o esforzo realizado polo persoal do ISM na provincia, para atender sen demoras ao sector nuns meses nos que a actividade deste organismo tamén se viu condicionado pola pandemia.

 

A subdelegada destacou a importancia de iniciativas postas en marcha nestes meses como a posibilidade de facer test serolóxicos do COVID-19 que se ofrece gratuitamente a todos os tripulantes de buques en mareas superiores a 10 días. Este ofrecemento dirixido aos traballadores do mar é froito dun convenio asinado na primavera pasada pola Dirección do ISM co SERGAS.

 

Na xuntanza tamén se puxo de manifesto que, segundo os datos do Instituto Social da Mariña, a pandemia apenas tivo consecuencias no emprego no sector pesqueiro da provincia. O número total de traballadores que ten afiliados na actualidade o ISM na provincia de Lugo é de 1.618, dos que 458 son estranxeiros, máis da metade deles, 298, proceden de Indonesia.

 

En 2020, o Instituto Social da Mariña destinou 38.072.624 euros ao pago de pensións a traballadores do mar na provincia de Lugo.

 

Actualmente, o ISM ten dadas de alta 148 empresas e o número de embarcacións, na súa gran maioría pertencentes ao sector pesqueiro, son 156.