Isabel Rodríguez informa do comezo do reparto de alimentos destinados a 9.600 lucenses en situación de vulnerabilidade

Imagen almacén ayuda alimentaria Cruz Roja

19/02/2021

 A subdelegada do Goberno visitou o almacén de distribución da Cruz Vermella en Lugo onde comprobou a posta en marcha da terceira fase do Programa de Axuda Alimentaria
 Nesta ocasión, vanse distribuír 198.812 kilos de alimentos na provincia dentro deste programa do Fondo Español de Garantía Agraria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
 En total, o Ministerio achegou 576.806 kilos de alimentos con un valor de 401.605 euros para distribuir na provincia desde o mes de xullo


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe do comezo do reparto de alimentos a 9.604 persoas da provincia de Lugo en situación de vulnerabilidade. Corresponde á terceira e última fase do Programa de Axuda Alimentaria 2020, que desenvolve o Fondo Español de Garantía Agraria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

 

A subdelegada,visitou esta mañá o centro de almacenamento e distribución de alimentos da Cruz Vermella Española acompañada polo presidente provincial da entidade, Luís Abelleira, e polo responsable da dependencia de Agricultura e Pesca da Subdelegación do Goberno, Enrique Liñares.

 

Isabel Rodríguez destacou a importancia deste programa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que supón unha gran axuda para as persoas en situación de vulnerabilidade e tamén agradeceu o traballo que realizan tanto a Cruz Vermella como o Banco de Alimentos, que son as dúas entidades que colaboran co Goberno na distribución dos alimentos ás organizacións que realizan o reparto dos alimentos na provincia de Lugo.

 

Nesta terceira fase vanse distribuír na provincia de Lugo un total de 198.812  kilos de alimentos por un valor de 180.723 euros que se destinarán a 9.604 beneficiarios.

 

A Cruz Vermella e o Banco de Alimentos canalizan a entrega dos alimentos que, nesta fase, serán repartidas por toda a provincia por 73 entidades. Cada unha das dúas entidades que colaboran co Ministerio faranlles chegar ás distintas asociacións que se ocupan do reparto, para que as entreguen aos destinatarios, 99.406,12 kilos de aceite de oliva, fabas cocidas, arroz, conservas de carne, atún e de sardiña, leite enteiro UHT, froita en conserva, macarróns, tarriños infantís de froita e de polo, batidos de chocolate e tomate frito. Os produtos adquiridos son de carácter básico, pouco perecedoiros e de fácil transporte e almacenamento.

 

A subdelegada lembrou que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación leva repartidos na provincia un total de 576,806 kilos de alimentos valorados en 401.605 euros desde que comezou esta campaña, no pasado mes de xullo.