Isabel Rodríguez alerta sobre a violencia machista e pide que a crise sanitaria non nos faga esquecer “esa outra pandemia que tamén debemos erradicar”

Imagen reunión violencia de género

08/02/2021

 A subdelegada do Goberno informa de que 537 mulleres lucenses están rexistradas no sistema Vioxén de protección ás vítimas

 Rodríguez lembra que 2 mulleres foron asesinadas o ano pasado na provincia e 9 desde que a creación do rexistro oficial de vítimas da violencia machista


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, expresou hoxe a súa preocupación pola incidencia da violencia de xénero e informou de que na actualidade hai 537 mulleres da provincia que están dadas de alta no sistema Vioxén de protección ás vítimas. A subdelegada facilitou este dato logo dunha xuntanza de traballo que mantivo coa responsable da Unidade de Violencia contra a Muller da Subdelegación do Goberno, María Luisa Castro.

 

Isabel Rodríguez incidiu en que “a grave crise sanitaria provocada pola COVID-19 non pode facer que esquezamos esta outra pandemia que tamén debemos erradicar da nosa sociedade, para o que é necesaria a implicación de todos, institucións e cidadáns”.

 

A subdelegada detallou que o número total de casos de violencia de xénero rexistrados no sistema Vioxén con data de hoxe é de 546, dos que non hai ningún de risco extremo, 5 son de risco alto, 57 de risco medio, 198 baixo e 286 non apreciado.

 

Ademais, a subdelegada lembrou que 2 mulleres foron asasinadas na provincia durante o ano 2020 e a cifra de vítimas mortais elévase a 9 desde xaneiro de 2003, cando se creou o rexistro oficial de vítimas da violencia machista.

 

Rodríguez tamén indicou que o ano pasado na provincia houbo 557 casos rexistrados no sistema Vioxén e recibíronse 267 chamadas de lucenses no teléfono 016 de atención ás vítimas.

 

En canto a axudas económicas, o número de vítimas que percibiron a renda activa de inserción que concede o Goberno foi de 111 con datos a 30 de setembro, e tamén se concederon 9 axudas a vítimas por cambio de residencia.

 

En 2020, ademais, foron 38 o número de usuarias do servizo telefónico de protección ATENPRO y 24 dos dispositivos de control telemático Cometa.