Subdelegación do Goberno, Concello e Policía Nacional abordan a situación da seguridade cidadá en Ribeira

Subdelegación do Goberno, Concello e Policía Nacional abordan a situación da seguridade cidadá en Ribeira

23/11/2020

A subdelegada do Goberno, o alcalde e o xefe superior de Policía de Galicia manteñen un encontro telemático


A subdelegada do Goberno da Coruña, Pilar López-Rioboo; o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas; e o xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro; abordaron hoxe a situación da seguridade cidadá no Concello ribeirense. Os tres mantiveron unha reunión telemática na que se analizaron diversas actuacións nesta materia.

O encontro foi solicitado polo alcalde, atendendo a unha petición aprobada polo pleno do concello na que se manifestaba a preocupación sobre a actual situación da seguridade cidadá no municipio. Asi o indicou Manuel Ruíz, que trasladou a inquedanza existente ao respecto.

O xefe superior de Policía de Galicia confirmou que os índices de criminalidade no concello teñen remitido de maneira importante, especialmente en aspectos como o delitos contra o patrimonio e os roubos, ademáis de rexistrarse un descenso considerable no número de lesións.

Tamén mostrou a súa confianza en que a entrada en funcionamento da nova Comisaría da Policía Nacional permita un maior aproveitamento dos recursos existentes xa que entende que os avances no uso das tecnoloxías asi o permitirá posto que ao dispoñer dun maior número de cámaras e sensores poderase reordenar o número de axentes, detraendo policías das tarefas propias de custodia e vixiancia dentro das instalacións para outras facetas e tarefas nas rúas.

Neste sentido entende que a nova comisaría podrase xestionar con maior eficiencia ao contar con mellores dotacións de medidas de seguridade que desta maneira poderán aliviar os recursos humáns, que podrán ser derivados a outras actividades e dispositivos.