Maica Larriba felicita aos gañadores do V Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero organizado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra
18/11/2021
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, deu a coñecer hoxe aos gañadores deste concurso escolar de fotografía e vídeo. Os primeiros premios nas diferentes categorías foron para Nerea Vázquez Lameiro, César Outón, Daniel Acuña e Inés Malvesada.
Pontevedra, 18 de novembro de 2021.- A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe a reunión do xurado que fallou os gañadores e gañadoras da IV edición do Concurso Escolar de Fotografía e Vídeo contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra co gallo di Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o próximo 25 de novembro. En total, a Delegación e Subdelegacións do Goberno organizan máis dunha trintena de actos para conmemoras este día.
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra contou nesta ocasión cun xurado formado por catro expertos na materia para analizar as obras e seleccionar os gañadores: Mónica Paixot, fotógrafa de Pontevedra Viva; Andrés Fraga, profesor do departamento de Comunicación audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo; Emma Torres, profesora e decana desta mesma facultade; e Belén Rubido, xuíza decana e titular do Xulgado Penal nº 4 de Pontevedra especializado en violencia de xénero.
Maica Larriba amosouse moi contenta da acollida, un ano máis, do concurso e dos novos formatos introducidos o ano pasado, o vídeo e a fotografía. “Todos os traballos participantes tentaron transmitir a súa visión sobre a violencia machista, e en particular a violencia vicaria, que centra esta edición. Os resultados non poden ser máis satisfactorios”, explicou.
Tal e como se establecía nas bases do concurso, adxudicouse un primeiro, segundo premio e accésit por cada modalidade –fotografía e vídeo- e categoría, que recaeron en:
CATEGORIA 1 (ESO, F.P. Básica e F.P. Ciclo Medio) FOTOGRAFIA
- 1º PREMIO:
Obra: Pérdome ao teu lado
Autor/a: Nerea Vázquez Lameiro
Colegio: IES Ricardo Mella (Vigo)
Curso: Alumna do Ciclo Medio de Emerxencias Sanitarias
- 2º PREMIO:
Obra: Cargando una maleta muy pesada
Autor/a: Anxo Barcala Balado
Colegio: Colegio Inmaculada (Marín)
Curso: 1º ESO
- ACCÉSIT:
Obra: Deja huella
Autor/a: Daniel Parada Sanmartín
Colegio: Centro Concertado Plurilingüe (Vigo)
Curso: 4ºESO
CATEGORIA 2 (Bacharelato, F.P. Ciclo Superior) FOTOGRAFIA
- 1º PREMIO:
Obra: Sonrisa Desgarrada
Autor/a: César Outón Fernández
Colegio: IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)
Curso: 1º BAC
- 2º PREMIO:
Obra: Nooooo
Autor/a: Hugo Vidal Conde
Colegio: IES Santiago Apostol (Soutomaior)
Curso: 1º BAC
- ACCÉSIT:
Obra: Alegoría Madre e hija
Autor/a: Antía Iglesias de la Torre
Colegio: IES Frei Martín Sarmietno (Pontevedra)
Curso: 1º BAC
CATEGORIA 1 (ESO, F.P. Básica e F.P. Ciclo Medio) VIDEO
- 1º PREMIO:
Obra: Sueños Truncados
Autor/a: Daniel Acuña Acuña
Colegio: CPR Plurilingüe Vigo
Curso: 4ºESO
- 2ºPREMIO:
Obra: Infancia perdida
Autor/a: Alba Sobreira García
Colegio: CPR Plurilingüe Vigo
Curso: 4º ESO
CATEGORIA 2 (Bacharelato, F.P. Ciclo Superior) VIDEO
- 1º PREMIO:
Obra: Atrapado
Autor/a: Inés Malvesada Rodiño
Colegio: Santiago Apóstol (Soutomaior)
Curso: 1ºBAC
- 2º PREMIO:
Obra: Volver
Autor/a: Nerea Bascuas Ríos
Colegio Santiago Apóstol (Soutomaior)
Curso: 1ºBAC
Os gañaderes/as do primeiro premio recibirán un ordenador portátil, os do segundo unha táblet e os de accésit un vale por un importe de cen euros.
A subdelegada recordou que este concurso enmárcase nas actividades da Delegación do Goberno en Galicia para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. Así mesmo, Larriba quixo agradecer a participación do xurado e a colaboración dos patrocinadores do certame, Audasa, Grupo Froiz , El Corte Inglés, Carrefour, Vitrasa e Pontevedresa Group.
Por último, a subdelegada do Goberno lembrou “a importancia de seguir promovendo unha reflexión social sobre esta preocupante eiva que nos atinxe a todos e todas”. “Só a concienciación pode evitar que no futuro se repitan as cifras do noso presente, no que unha de cada dúas mulleres españolas sufre ou sufriu violencia polo mero feito de ser muller e no que 1,6 millóns de nenos e nenas españolas viven en fogares onde a súa nai sofre violencia machista”.