Inici > Delegacions > Delegacions del Govern > Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma de Galícia > Actualitat > Notes de premsa > Notas > 2018 > Noviembre > O delegado do Goberno traslada á alcaldesa de Viveiro a dispoñibilidade do Executivo central para colaborar cos afectados polas inundacións do domingo
Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat al Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
O delegado do Goberno traslada á alcaldesa de Viveiro a dispoñibilidade do Executivo central para colaborar cos afectados polas inundacións do domingo
19/11/2018
Javier Losada informa a María Loureiro das posibilidades que ofrece o RD 307/2005 para paliar os danos producidos
Viveiro rexistrou nunha hora e media ata 80 litros por metro cadrado, que causaron a morte dunha veciña e importantes danos no barrio da Xunqueira
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, trasladoulle esta mañá á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a dispoñibilidade do Executivo para colaborar cos afectados polas intensas chuvias rexistradas na tarde do domingo.
O delegado do Goberno lembrou que os afectados poden acollerse ás axudas reguladas na lexislación actual, para as que o Concello está a avaliar os danos rexistrados. Unha vez feito este traballo, a Subdelegación do Goberno pon a súa experiencia na tramitación destas axudas a disposición dos veciños afectados para que toda a documentación se tramite de forma correcta e se evite unha perda de tempo ante posibles erros.
O Real Decreto 307/2005, do 18 de marzo, contempla axudas a familias e establecementos para paliar os danos materiais producidos en vivendas e aveños, establecementos e outros servizos. A axuda ofrecida a veciños e empresas irá en función do cumprimento dos requisitos contemplados no Real Decreto. O contido das subvencións de axudas familiares que poden solicitar, así como os prazos e as peculiaridades da tramitación, serán xestionadas pola Subdelegación do Goberno en Lugo e resoltas pola Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior.
As intensas choivas rexistradas neste concello da Mariña lucense este domingo, que acadaron os 80 litros por metro cadrado nunha hora e media, fixeron subir o nivel da auga entre un e dous metros nesta zona da vila de Viveiro, na que se sitúa un tramo do río Landro. Nestas inundacións faleceu unha veciña de 83 anos.