Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat al Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
A subdelegada do Goberno comprométese co alcalde de Foz a impulsar a mellora do tráfico e a seguridade na N-642
12/07/2019
Na primeira xuntanza que manteñen, Francisco Cajoto trasladoulle a Isabel Rodríguez a importancia de darlle un pulo ao proxecto de creación de dúas glorietas nesta vía
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comprometeuse co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, a impulsar a mellora do tráfico e a seguridade viaria na estrada N-642 ao seu paso por este municipio. Éste foi un dos asuntos que trataron Isabel Rodríguez e Francisco Cajoto durante a primeira xuntanza que mantivo a subdelegada co novo alcalde de Foz, con quen se entrevistou na Casa do Concello.
Na entrevista, o alcalde pediulle á subdelegada que lle dea un pulo ao vello proxecto de creación de dúas glorietas nesta estrada que permitan mellorar o tráfico en dúas interseccións desta estrada, concretamente as situadas nos puntos kilométricos 39+910 e 40+970. Desta maneira conseguirase un mellor acceso aos barrios de Ribela e Gralleira da parroquia de Cangas e melloraríase a seguridade viaria no cruce coa estrada a Ferreira (LU-162).
Logo da xuntanza, a subdelegada anunciou que se interesará polo estado dun proxecto que o alcalde considera moi importante xa que a creación das dúas rotondas permitirá axilizar a circulación pola N-642 ao seu paso por Foz, así como mellorar a seguridade viaria nestes dous cruces.