Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Pilar López-Rioboo celebra o acordo que impulsa a coordinación policial en materia de Violencia de Xénero no Concello de Ribeira
19/07/2019
A subdelegada do Goberno destaca a que a Mesa de Coordinación Policial funcionará como punto de encontro operativo para un seguemento máis axeitado dos casos de violencia machista
Pilar López-Rioboo destaca que a nova comisaría de Policía contará cunha oficina da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM)
A Dorna e as Festas do verán contarán por primeira vez con puntos violeta para informar, sensibilizar e recoller posibles denuncias de acoso
Na Xunta Local informouse dun descenso do 21% nas infraccións penais cometidas no concello ribeirense no primeiro semestre do ano
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e o alcalde de Ribeira, Manuel Rivas, copresidiron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, principal órgano de coordinación policial presente no Concello. Esta sesión acordou impulsar a creación da Mesa Local de Coordinación Policial en materia de Violencia de Xénero, un órgano no que participan as forzas de seguridade para o seguemento das vítimas de violencia de xénero e dos seus agresores.
A subdelegada do Goberno considera que, aínda que a cooperación actual entre Policia Nacional e Local en Ribeira é boa, "é hora de avanzar un paso máis" nesta temática porque "a colaboración é clave para garantir a seguridade dos veciños, sobre todo, cando falamos dunha materia tan sensible como é a protección e salvagarda das mulleres que son vítimas da violencia de xénero". Lembrou, así mesmo, que a futura Comisaría de Policía que está a piques de construirse nesta localidade, disporá dunha oficina da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM), que redundará nunha mellor atención ás vítimas desta violencia machista.
Na reunión da Xunta Local tamén participaron o xefe rexional de operacións da Policía Nacional, José Luis Balseiro Vigo, e o comisario de Ribeira, Adolfo García Pinacho; e, en representación do Concello, do alcalde Manuel Ruiz, do concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz; e o xefe da Policía Local.
DESCENSO DAS INFRACCIÓNS
Na reunión da Xunta Local tamén se presentaron as cifras de seguridade acadadas no Concello de Ribeira neste ano. Segundo os datos da Policía Nacional, as infraccións penais cometidas en Ribeira no primeiro semestre de 2019 descenderon descenderon un 8% con respecto ao mesmo período do ano anterior. En canto á tipoloxía dos delictos, sobresae o descenso dun 42% nos roubos con violencia en dun 21% nas infraccións contra o patrimonio. Neste descenso ten un papel fundamental os altos niveis de eficacia das forzas e corpos de seguridade, cunha Policía Nacional que que conseguiu esclarecer neste periodo o 66% nos delictos graves cometidos neste Concello.
FESTAS DE VERÁN
A xunta serviu tamén para analizar outros asuntos de interese dende o punto de vista da seguridade cidadá, como aqueles eventos nos que se prevé unha gran afluencia de público: a Dorna ou a Festa de Verán da cidade, entre outros. Na reunión acordouse instalar en ámbalas dúas celebracións o denominado “Punto Violeta”, no que se ofrecerá información para concienciar na loita contra a violencia de xénero e onde se poderán denunciar os posibles casos de abusos sexuais e acoso machista.
Ao mesmo tempo, reiterouse a esixencia de cumprir coa normativa vixente en actividades pirotécnicas.