Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2020 > Noviembre > Javier Losada anuncia que o Goberno financiará con 300.193 euros a liña de envasado de vacinas contra a COVID-19 do Grupo Zendal, en O Porriño
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Javier Losada anuncia que o Goberno financiará con 300.193 euros a liña de envasado de vacinas contra a COVID-19 do Grupo Zendal, en O Porriño
23/11/2020
O delegado do Goberno destaca a proposta deste grupo biotecnolóxico, que segue a poñer Galicia no mapa internacional da loita contra a COVID
Zendal foi seleccionado para o envasado das vacinas elixidas pola CEPI (Coalición para a Promoción de Innovacións para a Preparación ante Epidemias) para a súa distribución en Europa
Javier Losada lembra que o envasado é unha parte vital, crítica, da fabricación dunha vacina
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anunciou hoxe que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo concedeu unha subvención de 300.193 euros ao grupo Zendal para o desenvolvemento dunha liña de envasado de vacinas contra a COVID-19.
O Ministerio fixo pública a resolución definitiva da convocatoria do Plan de Axudas Covid, que financiará 47 proxectos vencellados á fabricación de productos hixiénico-sanitarios relacionados coa pandemia.
Javier Losada destaca este novo apoio do Goberno de España ao esforzo desta empresa biofarmacéutica de orixe galega, que coloca a Galicia no mapa internacional da loita contra o coronavirus “xogando un papel clave na solución á actual crise sanitaria como referente de fabricación de vacinas”.
O delegado, quen visitou as instalacións do grupo xunto co ministro de Sanidade, Salvador Illa, hai varias semanas, lembrou que esta empresa fará o envasado da vacina seleccionada pola CEPI (Coalición para a Promoción de Innovacións para a Preparación ante Epidemias) para o subministro na UE: “a previsión é que se envasen máis de medio millón de dosis de vacinas, e esta aportación do Goberno quere contribuir a facelo posible”. Javier Losada apuntou que “o envasado é unha parte vital, crítica, da fabricación dunha vacina, pois permite achegar o antíxeno de xeito seguro e eficaz ao paciente”.
Ademáis, o delegado lembrou que a filial de Zendal, Biofabri, foi elixida en setembro pola compañía americana Novavax para a producción industrial do antíxeno da súa vacina en Europa, un feito, que representa un gran reto e un recoñecemento a todo o esforzo do seu equipo.