Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Febrero > Isabel Rodríguez avanza que o Goberno xa adxudicou as obras de recuperación do contorno da igrexa de San Xulián do Camiño (Palas de Rei)
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Isabel Rodríguez avanza que o Goberno xa adxudicou as obras de recuperación do contorno da igrexa de San Xulián do Camiño (Palas de Rei)
26/02/2021
A subdelegada do Goberno informa de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana investirá algo máis de 294.000 euros nesta intervención
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana dedicará un investimento superior a 294.000 euros para a recuperación do entorno da igrexa de San Xulián do Camiño, no concello de Palas de Rei.
Isabel Rodríguez explicou que esta iniciativa enmárcase no programa de actuacións do Goberno de Pedro Sánchez en apoio do Camiño de Santiago. Neste caso, as obras teñen por obxecto a revalorización do conxunto formado pola igrexa e o seu adro-cemiterio, que constitúen un lugar de xuntanza de peregrinos e veciños.
Con esta intervención, trátase de prolongar a pavimentación existente na zona central do núcleo ata o ensanchamento do Camiño. O proxecto tamén inclúe o soterramento das instalacións urbanas e a dotación dun alumeado máis discreto que evite o impacto visual das actuais luminarias.
As obras, que serán financiadas integramente polo Goberno, a través da Dirección Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura, foron adxudicadas na cantidade de 294.587 euros á empresa Vipeca Obras y Servicios.
Unha vez publicada a adxudicación na Plataforma de Contratación do Sector Público, está pendente agora a formalización do contrato para a execución dunhas obras que teñen previsto un prazo de execución de seis meses.