Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2019 > Noviembre > A Subdelegación de Lugo participa nos actos programados polo Goberno Central en Galicia para a conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
A Subdelegación de Lugo participa nos actos programados polo Goberno Central en Galicia para a conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero
12/11/2019
Desde hoxe, colga na fachada da Subdelegación do Goberno unha pancarta contra a violencia sobre as mulleres
Isabel Rodríguez moderará mañá, na Coruña, unha mesa redonda na II Xornada de Formación para Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
A Subdelegación organiza unha mesa redonda, o día 18, para a formación de técnicos e responsables da administración local na provincia
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe da presenza que terá Lugo na programación de actos organizados pola Delegación do Goberno en Galicia para a protección das vítimas do machismo.
Isabel Rodríguez indicou que, desde hoxe, permanecerá colgada na fachada principal da Subdelegación do Goberno unha pancarta conmemorativa do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o 25 de novembro.
Dentro da programación prevista para este mes, a Subdelegación do Goberno organiza unha actividade de formación dirixida a técnicos e responsables da administración local na provincia de Lugo. Trátase de unha mesa redonda sobre “A eliminación da violencia contra a muller. A tutela xurídico-penal” á que foron convidados todos os concellos da provincia.
Esta actividade terá lugar o luns, día 18, e intervirán nela o maxistrado-xuiz titular do Xulgado de Violencia de Xénero de Lugo, Sergio Orduña, e a fiscal delegada de Violencia sobre a muller en Lugo, Áurea Martínez de la Fuente.
Ademais, a subdelegada será a encargada de moderar unha mesa redonda dentro da II Xornada de Formación para Forzas e corpos de Seguridade do Estado, que se vai celebrar mañá, mércores, día 13, na Coruña.
Tamén asistirá o día 28, en Santiago de Compostela, á entrega dos Premios Meninas, que se entregan por segunda vez en Galicia, para recoñecer o labor de persoas e entidades que destaquen polo seu compromiso na erradicación da violencia de xénero. O ano pasado, un dos galardóns foille entregado á asociación lucense “Sí, hai saída”.